Pages

Saturday, November 26, 2005

Un documental recolle a experiencia de emigrantes galegos en Cuba

Un documental recolle a experiencia de emigrantes galegos en Cuba
25/11/2005
(Firma: la voz | pontevedra)

A Deputación de Pontevedra colaborará e aportará unha financiación de 6.000 euros para a película documental Oficios de gallegos na que, coa dirección de Ernesto Daranas e Natasha Vázquez e a producción da cubana As Video, nárrase a historia do éxodo galego a Cuba a través dos distintos oficios que os emigrantes se viron obrigados a desempeñar en varios lugares da illa caribeña.

O compromiso foi adquirido onte polo presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, no curso dunha entrevista que mantivo coa cónsul de Cuba en Galicia, María Sánchez, e coa directora da película, Natasha Vázquez.

O citado filme recolle a vixencia, entre galegos e descendentes deles, de prácticas laborais, a menudo curiosas ou arriscadas, que ainda hoxe granxean ós galegos un grande respeto entre os cubanos.

O documental fai a súa proposta narrativa a partir de dous discursos paralelos: as historias dos emigrantes rastrexadas en arquivos, publicacións e recopilacións de correspondencia e as testimuñas vivas dos galegos e os seus descendentes tanto en Cuba como en Galicia.

A película contén cinco visións dunha mesma historia: O vendedor de promesas relata a historia de Nacho Arias, un intermediario galego en Cuba; El cazador de sueños, a de Suso Fernández, un pontevedrés que traballou no ferrocarril e vive hoxe na campiña cubana; El abrazo de la madre, conta a historia de Mariano, un galego que, despois de romper as cartas de recomendación que lle dera a súa nai na aldea para uns parentes ricos de A Habana, sobreviveu gracias a unha que non tiña localizada; La Habana es linda, pero dura narra a peripecia de Virgen Seivane, unha muller que traballou con un parente nun café que, despois de negarse a ter relacións con él, sobreviveu limpando unha leprosería ata que casou con un mecánico.

Finalmente, El regreso recrea a vida de Manuel Figueiras, un emigrante que tivo catro bares en Vigo onde promocionou a músicos cubanos.
 

No comments:

Post a Comment